A nosa casa é pequena pero ten recunchos acolledores onde podes relaxarte, ler ou comentar con nós os teus plans e experiencias. Gústanos pasar un rato contigo (se che apetece, claro!) máis aló dunhas palabras amables no almorzo.

Unha charla tranquila no salón ao calor da leña ou compartindo unas cerveixas no porche pode axudarche a aproveitar mellor a túa estanza: que ver, que facer, onde comer... Non o coñecemos todo, pero son muitos anos de andainas pola comarca!