As habitacións da casa, de pranta cadrada, están orientadas aos catro puntos cardinais. Tendo iso en conta e mesturando as tradicións celta e oriental eliximos os seus nomes e deseñamos a súa decoración.

Todas elas dispoñen de colchóns de látex 100% natural nos que gozarás dun bo descanso.

As billas, de estilo clásico, inclúen duchas termostáticas nas que poderás gozar ao máximo da nosa agua de manancial quentada con enerxía solar.

Os mobles, procedentes de vivendas rurais da zona e restaurados con agarimo por anticuarios locais, achegan un aroma auténtico e un espírito singular a cada habitación.